Varias causas xudiciais abertas e centos de imputados e testigos chamados a declarar. Esa é a realidade desde hai anos na cidade de Lugo. En todas elas un denominador común: políticos e empresarios baixo sospeita de supostos delitos de corrupción. Na convicción de loitar contra o silencio, contra a omertá declarada ao respecto por algúns partidos, Esquerda Unida alza a voz para loitar contra esa lacra social que é a corrupción.

martes, 4 de octubre de 2011

PABLO COBIÁN (PP) DIMITE PARA DEMOSTRAR SU INOCENCIA

04/10/2011 - Axencia / Galiciaé

El diputado del PPdeG Pablo Cobián Fernández de la Puente ha anunciado hoy la dimisión de sus cargos políticos a consecuencia de la denuncia del empresario lucense Jorge Dorribo, que afirmó haberle entregado 200.000 euros, lo que asegura que es "falso".

En un comunicado, el diputado indica que dimite "de forma personal e inmediata" de sus cargos en el Ayuntamiento de Oleiros y en el Parlamento de Galicia "por respeto a los ciudadanos" que votaron por él y "para no perjudicar" al PPdeG.

"Todo ello a pesar de ser inocente, algo que pienso demostrar en cuanto tenga la oportunidad de declarar", señala el diputado acerca de las acusaciones del empresario.

El parlamentario ha hecho llegar a los medios el siguiente comunicado:

"En primeiro lugar, quero manifestar a miña sorpresa pola información publicada hoxe no xornal El Mundo na que se indica que percibín cantidades de diñeiro supostamente por favores políticos por parte do señor Dorribo.
A única relación que mantiven con este señor foi a través dunha empresa de patrocinio deportivo do meu fillo en probas de alta competición automobilística, un patrocinio que era compartido con outras importantes empresas galegas. É absolutamente falso que percibira cantidade algunha de diñeiro a nivel persoal, tal e como se manifesta na noticia.
Descoñezo se se trata dunha información periodística incorrecta ou ditas manifestacións foron en realidade feitas polo señor Dorribo ante o Xulgado, posto que, como se indica na propia información publicada hoxe, as actuacións permanecen baixo segredo de sumario polo que non se pode saber que hai de realidade no publicado.
Vou emprender cantas accións xudiciais sexan necesarias para depurar as responsabilidades que houbera lugar polas filtracións que se produciron e, por suposto, unha vez que poida ter coñecemento das actuacións, emprenderei accións penais contra o señor Dorribo para o caso de que verdadeiramente teña realizado esas declaracións.
Cando entrei en política, asumín un deber para coa cidadanía e ese compromiso me leva a presentar hoxe a miña demisión de forma persoal e inmediata como membro da Corporación Municipal do Concello de Oleiros e como deputado do Partido Popular de Galicia no Parlamento galego, por respecto aos cidadáns que me votaron e tamén para non prexudicar á formación política á que pertenzo. Todo elo a pesar de ser inocente, algo que penso demostrar en canto teña a oportunidade de declarar."

No hay comentarios:

Publicar un comentario