Varias causas xudiciais abertas e centos de imputados e testigos chamados a declarar. Esa é a realidade desde hai anos na cidade de Lugo. En todas elas un denominador común: políticos e empresarios baixo sospeita de supostos delitos de corrupción. Na convicción de loitar contra o silencio, contra a omertá declarada ao respecto por algúns partidos, Esquerda Unida alza a voz para loitar contra esa lacra social que é a corrupción.

martes, 21 de febrero de 2012

operación campeón, operación carioca

PROSTITUTAS E DROGAS NAS FESTAS DE DORRIBO
O empresario centro da Operación Campión creou un club ao que convidou ao presidente da Audiencia Provincial e cargos da Xunta e da policía.


Galicia Confidencial
21/02/2012

O nome de Jorge Dorribo xa non está só asociado á Operación Campeón. Tamén a Operación Carioca, cun sumario de trecentos tomos sobre a presunta implicación da Policía na protección dunhra rede de explotación sexual, salpica agora ao dono de Nupel que o asocia a orxías nas que había prostitutas e cocaína.

O sumario desta operación sinala que Jorge Dorribo promoveu a creación dun clube exclusivo para o que quixo captar ás máis importantes personalidades de Lugo, entre as que estaban desde o presidente da Audiencia Provincial até o que foi conselleiro da Xunta, Fernando Branco. La Voz de Galicia situara no seu día tamén nesas festas a unhas 35 persoas, incluídos o coñecido empresario Ricardo Lago e ao subdelegado do goberno Jesús Otero.

Cómpre ter en conta que a xuíza instructora preferiu traer axentes de Inspección Aduanera para realizar as detencións e rexistros da Operación Campeón, no lugar de confiar nos axentes baseados en Lugo, salpicados por varios casos de presunta corrupción nos últimos anos.

O club chamábase «Acción & Klasse. Club social» e tiña unha cuota anual de mil euros. Reuníase no coñecido establecemento Tempo e, segundo testemuñas do sumario da Operación Carioca, os empresarios e políticos convidados xogaban ao impasíbel, cunha prostituta metida debaixo da mesa.

"Festas blancas"

Segundo relata a revista Interviu, Fabiana, unha muller brasileira que declarou ante a Garda Civil o 27 de abril de 2010, neste club de golf tiveron lugar orxías nas que había cocaína e prostitutas. Esta muller relatou ante a xuíza Pilar de Lara que neste clube celebrábanse as "festas brancas".

Nestas orxías "había mulleres latinoamericanas, comida, bebida e cocaína". Fabiana relatou que estivo nunha desas festas, á que acudiron seis mulleres latinas, un venres do verán de 2008. "As mulleres eran prostitutas que traballaban no club Queen's --un dos clubes implicados na Operación Carioca— e levaronnas alí os taxistas que habitualmente traballaban para este local.

"Nun momento fun a servir unha botella de whisky e puiden ver encima dunha mesa varias raias [de cocaína] feitas". Ademais, segundo consta no seu testemuño, incluído no sumario, a súa xefa no clube de golf ofreceulle probar a droga.

Esta semana está previsto que declaren no Supremo Manuel Bran, primo do ex-ministro Pepe Blanco e a quen Dorribo di ter subornado, e o propio Jorge Dorribo, xa en liberdade baixo fianza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario