Varias causas xudiciais abertas e centos de imputados e testigos chamados a declarar. Esa é a realidade desde hai anos na cidade de Lugo. En todas elas un denominador común: políticos e empresarios baixo sospeita de supostos delitos de corrupción. Na convicción de loitar contra o silencio, contra a omertá declarada ao respecto por algúns partidos, Esquerda Unida alza a voz para loitar contra esa lacra social que é a corrupción.

viernes, 31 de enero de 2014

POLA REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA EN LUGO
Hoxe as noticias de prensa van conmocionar a política coa parte do sumario da Operación Pokémon sobre a que xa non pesa o segredo do sumario. En Lugo levamos anos loitando contra a corrupción estrutural existente na nosa cidade, onde determinados empresarios, políticos e funcionarios se "forraron" ilegalmente e son responsables directos de afundirnos nunha profunda crise económica, política e social. Unha omertá pactada entre tres partidos políticos (PSOE, PP e BNG), que mesmo se atreveron a intentar boicotear publicamente a manifestación contra a corrupción que en outubro de 2011 sacou centos de lucenses á rúa. O alcalde, López Orozco, leva anos acusándonos de difamar e negou sempre a existencia de corrupción: "En Lugo non coñezo ningún caso de corrupción política". O tempo pon a cada un no seu sitio.                       
               
                              ¡¡¡OROZCO DIMISIÓN!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario