Varias causas xudiciais abertas e centos de imputados e testigos chamados a declarar. Esa é a realidade desde hai anos na cidade de Lugo. En todas elas un denominador común: políticos e empresarios baixo sospeita de supostos delitos de corrupción. Na convicción de loitar contra o silencio, contra a omertá declarada ao respecto por algúns partidos, Esquerda Unida alza a voz para loitar contra esa lacra social que é a corrupción.

viernes, 16 de marzo de 2012

operación campeón

O PAPEL DE BAZARRA NA TRAMA CAMPEÓN
O ex-xefe de gabinete de Industria co BNG e cofundador de Carrumeiro, nega ser o "home de confianza" das presuntas corrupcións de Dorribo en Andorra. Polo contrario, varias conversas intervidas pola Policía apuntan que era quen "daba a cara" mesmo por "traballadores sen papeis". Libro de visitas de Nupel no interior, con datos das reunións de Fernando Blanco con Dorribo ao pouco das eleccións. O empresario presunto corruptor tamén mantivo reunións con directivos de xornais galegos.


Por Walter Burns | Galicia Confidencial
14/03/2012

Cando a Policía rexistrou Nupel levouse feixes de documentación, que hoxe está nos 62 tomos do sumario da Operación Campeón, que GC está a publicar enteiro. Entre esas ducias de miles de follas está o currículo de Xoán M. Bazarra Agulla. Nel lese:

"Gabinete de la Consellería de Innovación 2005-2009 (...) Coordinación de la política de comunicación (...) Valoración económica-financiera de los proyectos de inversión estratégicos presentados a la consellería en diveros sectores entre otros, enegrías renovables, etc.(...) 2002- 2005.Asesor en política económica en el Parlamento de Galicia".

Efectivamente, Xoán Bazarra, imputado, foi a man dereita do conselleiro Fernando Blanco, tamén imputado, cando o BNG estaba ao fronte da Consellería de Industria. Antes fóra concellal do Bloque e asesor económico dos deputados nacionalistas na Cámara Galega.

Cal era o rol de Bazarra na trama argallada por Jorge Dorribo? Segundo Bazarra, únicamente o dun empregado en Andorra por un salario duns 1.500 euros, que non chegou a cobrar sempre. Segundo o presunto corruptor e os axentes do Servizo de Vixilancia Aduanera, o "home de confianza", a "persoa que dá a cara" para montar unha empresa en Andorra financiada grazas a subvencións logradas a cambio de subornos.

Fernando Blanco visita o despacho de Dorribo tres días despois das eleccións

Dorribo vai máis lonxe. Declarou ante a xuíza que a través das contas que xestionaba Bazarra en Andorra pagou subornos a políticos, caso de Pepe Blanco do PSOE. Tamén di que financiou varias campañas do Bloque Nacionalista, incluídas as últimas municipais en Lugo, onde foi concellal Fernando Blanco.

O libro de visitas á nave de Nupel en Lugo recolle numerosas visitas a Bazarra, que figura no organigrama como "director de desenvolvemento de Negocio". Varias delas teñen que ver cunha viaxe a Camerún, na que voou canda Fernando Blanco e o propio Dorribo para montar un negocio eólico.

O propio nome do ex-conselleiro sae no libro de visitas de Nupel o 4 de Marzo. A "Fernando Blanco", a diferencia de todos os demais visitantes, non se lle anotou o DNI nin a empresa ou institución que representaba. Unicamente que foi ao despacho de Jorge Dorribo.

A Xustiza investiga as subvencións que lle deu Industria a Nupel canda o bipartito

Nesas datas, na primavera de 2009, cando o bipartito estaba en funcións, Laboratorios Asociados Nupel, recibiu unha subvención a fondo perdido de 1,45 millóns da Dirección Xeral de I+D+I. Salustiano Mato (hoxe reitor da Universidade de Vigo) dirixía o deparamento. Mato dependía do conselleiro Fernando Blanco, cuxo principal asesor era Bazarra, contratado pouco despois pola propia Núpel. Os tres están imputados.

Tanto Bazarra, Blanco e Mato defenden a súa inocencia e que nunca moveron un dedo por favorecer a Núpel no reparto de subvencións.

Recomendanlle contratar a unha moza que ten un noivo Garda Civil na fronteira

Outra das sombras sobre a actuación do ex-xefe de gabinete de Industria é a súa actividade en Andorra. Bazarra asegura non ter responsabilidade sobre a empresa Salut D' lnnovació, pero varias das conversas intervidas apuntan o contrario.

Por exemplo, dáse o caso dunha conversa na que un socio de Dorribo recoméndalle a Bazarra que contrate unha traballadora porque ten un mozo que é Garda Civil na fronteira, o que lles pode resultar útil. Así o resume a Policía:

Que el día 09-02-11 sobre las 10:42 horas, Carlos Monjero Álvarez (teléfono 630******) recibe llamada de Xoan Bazarra (teléfono 670******) : Carlos le dice que le va a llamar una chica , licenciada en ADE, desde Andorra y su marido es Guardia Civil en la frontera , y que le haga la entrevista que les puede venir bien . Xoán le pregunta si miró lo del dinero. Carlos le dice que está en el coche, que cuando llegue allá (a Lugo) ya le dirá algo.

Bazarra admite aos socios de Dorribo que hai traballadores "sen papeis"

A responsabilidade de Bazarra sobre os traballadores andorranos de Dorribo parace clara noutra conversa, na que admite que ten asalariados "sen papeis". O resume da Policía é este:

Que el día 21-03-11 sobre las 14:10 horas , Javier Rodríguez Díaz [socio de Dorribo na empresa andorrana e imputado] (teléfono 6467******) llama a Xoán Bazarra (teléfono 670******) . Xoán le pregunta si saben algo. Javier le dice que sí, que cree que están haciendo hoy las transferencias del IGAPE, las facturas de las maquinas para que el IGAPE libere eso. Xoan le pregunta cuándo va a subir. Javier le dice que en cuanto arregle y tenga pasta. Xoán le dice que aun no recogieron el número de comercio y tiene a los trabajadores sin papeles y al estar trabajando ya están asumiendo riesgo.

Bazarra ergue sospeitas en Andorra por ingresar tantos billetes de 20 euros

O negocio de Andorra foise finalmente ao tacho. Segundo se deduce do sumario, Dorribo, co asesoramento contábel de Bazarra, convenceu aos seus socios de montar Salut D' lnnovació para apañar subvencións do IGAPE coa axuda de Pablo Cobián (ex-deputado do PPdeG e imputado) e a colaboración do subdirector e director do ente público (tamén imputados).

A entrada dos axentes de Vixilancia Aduaneira no IGAPE desmontou definitivamente a xogada, que xa pasaba por serios problemas económicos. Así se deduce, por exemplo, dunha conversas entre Bazarra e Dorribo, na que se mostra como os bancos andorranos comezaban a sospeitar. Así o resume a Policía:

El día 09-05 -11 sobre las 22:52 horas, Jorge Dorribo Gude (teléfono 667565052) llama a Xoan Bazarra (teléfono corporativo 2053) el cual le explica cómo va todo por Andorra, ya han hecho pruebas y está todo bien. Xoan quiere comentarle algo relativo al Banco de Andorra (BPA) porque cree que les controlan los movimientos de la cuenta, Jorge dice que lo pase todo a Banca Credit Andorrá, Xoan dice que el otro día le pidieron explicaciones del ingreso del dinero que le dio Anthea y le preguntaron de donde lo había sacado y que les pareció raro porque eran todos billetes de 20. Se corta la comunicación . Con esta llamada se pone de manifiesto el nerviosismo que produce en Jorge Dorribo y su colaborador que les formulen preguntas sobre el origen del dinero que ingresan en cuentas bancarias, y la drástica medida de alejarse de quien lo pregunta, seguramente como medida de autodefensa ante la imposibilidad de explicar ese origen, sobre todo si se lo preguntaran por el total del dinero invertido en el Principado de Andorra.

Xoán Bazarra foi un dos homes claves nas finanzas do Bloque antes da chegada ao poder na Xunta. Así, foi un dos cofundadores de Seixo Blanco, logo rebautizada Carrumeiro Media, a empresa que recibiu moitos pequenos contratos de consellerías nacionalistas e que editaba GzNación, un dixital cunha marcada liña a prol do BNG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario