O pasado 26 de abril
de 2012, V Televisión emitiu unha entrevista realizada ó alcalde de Lugo, José López Orozco. As preguntas realizadas pola presentadora do programa xiraron fundamentalmente en torno a cuestións relacionadas coa corrupción política en Lugo.
No transcurso da entrevista, a periodista Fernanda Tabarés refírese ao espazo dixital LugoAnticorrupción e á suposta omertá existente entre o PSOE, o PP e o BNG con respecto ás diferentes causas abertas nos xulgados lucenses e que Esquerda Unida denuncia desde hai anos. O alcalde confirma o silencio dos partidos por "responsabilidade política", síntese constantemente aludido cando se fala de corrupción en xeral, e refírese despectivamente a Esquerda Unida.
Posteriormente, as cámaras de V Televisión desplazadas a Lugo entrevistan a varios lucenses na rúa para coñecer o seu posicionamento sobre a corrupción na cidade. Dous membros da Plataforma contra a Corrupción e en Defensa da Xustiza expoñen as súas opinións, e novamente o alcalde refírese a Esquerda Unida e menosprecia a un integrante da Asociación en Defensa do Parque Rosalía.
A entrevista
pódese visualizar íntegra en http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2012/04/26/0031_6_137413.htm?utm_...
No hay comentarios:
Publicar un comentario