Varias causas xudiciais abertas e centos de imputados e testigos chamados a declarar. Esa é a realidade desde hai anos na cidade de Lugo. En todas elas un denominador común: políticos e empresarios baixo sospeita de supostos delitos de corrupción. Na convicción de loitar contra o silencio, contra a omertá declarada ao respecto por algúns partidos, Esquerda Unida alza a voz para loitar contra esa lacra social que é a corrupción.

viernes, 26 de noviembre de 2010

GARAÑÓN CS-5

RECORDA QUE O INCUMPRIMENTO DA OBRIGACIÓN DE PERSEGUIR IRREGULARIDADES SUPÓN INHABILITACIÓN

La Voz 26/11/2010

Considera a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo que, á vista da información que manexa, poderíase falar «dun delito de omisión do deber de perseguir delitos, dada a completa inacción da administración pública municipal ao permitir a continuación das obras, no entanto a profusa normativa, informes e denuncias existentes, que lles esixiron a adopción de medidas cautelares inmediatas».

Engade: «Fácil é comprender a importancia que teñen as administracións locais na evitación e persecución dos delitos contra a ordenación do territorio. Pola contra, unha «tolerancia» mal entendida é o que propiciou que a persecución de determinadas condutas, aceptadas ata socialmente, entre as que se atopan as infraccións e corruptelas urbanísticas, non se atope entre as prioridades dos entes e administracións públicas».

Sinala a maxistrada que tal inacción entra no tipo penal do artigo 408 do Código Penal, que cita para apuntar que, quen incorran nel, sufrirán inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de seis meses a dous anos.

Entre as medidas cautelares ditadas pola xuíza está o «afianzamento económico para garantir a demolición no caso de que se acorde a mesma», xa que considera que «en caso de prosperar a denuncia ou as demandas contencioso administrativas (...) só coa demolición que no seu día puidese acordarse podería levar a cabo a verdadeira restauración da orde quebrantada (...)».

No hay comentarios:

Publicar un comentario