Varias causas xudiciais abertas e centos de imputados e testigos chamados a declarar. Esa é a realidade desde hai anos na cidade de Lugo. En todas elas un denominador común: políticos e empresarios baixo sospeita de supostos delitos de corrupción. Na convicción de loitar contra o silencio, contra a omertá declarada ao respecto por algúns partidos, Esquerda Unida alza a voz para loitar contra esa lacra social que é a corrupción.

viernes, 26 de noviembre de 2010

PXOM

LIÑARES DI QUE ESTÁ «TOTALMENTE TRANQUILO» POLA INVESTIGACIÓN XUDICIAL DO PXOM

La Voz 26/11/2010

O ex concelleiro lucense e presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, Francisco Fernández Liñares, dixo onte que está «moi tranquilo, totalmente», con respecto á investigación que leva a cabo o Xulgado de Instrución número 2 de Lugo en relación cos cambios de cualificación de terreos no PXOM en tramitación entre a aprobación inicial e a provisional.

A titular do citado xulgado, nunha recente providencia, reclamou de Fernández Liñares documentación en relación cunha leira da súa propiedade en Fixós e outra na estrada vella de Santiago. Na mesma providencia citou para prestar declaración testifical a representantes de tres empresas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario