Varias causas xudiciais abertas e centos de imputados e testigos chamados a declarar. Esa é a realidade desde hai anos na cidade de Lugo. En todas elas un denominador común: políticos e empresarios baixo sospeita de supostos delitos de corrupción. Na convicción de loitar contra o silencio, contra a omertá declarada ao respecto por algúns partidos, Esquerda Unida alza a voz para loitar contra esa lacra social que é a corrupción.

viernes, 26 de noviembre de 2010

GARAÑÓN CS-5

UN CASO DE POSIBLE PREVARICACIÓN URBANÍSTICA EN DECISIÓNS LOCAIS

La Voz 26/11/2010

Na resolución da titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo sinálase, unha vez analizadas as posibles irregularidades, que «permiten configurar a posible comisión dun delito contra a ordenación do territorio na modalidade de delito de prevaricación urbanística prevista no artigo 320 do C.P., que determina a responsabilidade dos representantes e técnicos municipais que a propósito da súa ilegalidade, informaron e aprobaron favorablemente o proxecto de urbanización da unidade de actuacións CS-5 e licenza urbanística e están a permitir a execución das edificacións (...) causando con tal proceder graves e irreparables prexuízos ao interese público (...)».

Entre as resolucións da xuíza está a de que se notifique a todos os corpos e forzas de seguridade do Estado con competencias en materia urbanística «para que periodicamente realicen visitas de control ás obras e verifiquen que a orde de paralización cautelar e inmediata da obra cúmprese adoptando, en caso contrario, cantas medidas sexan necesarias para o seu cumprimento».

No hay comentarios:

Publicar un comentario